Fraga, Antonio Manuel (1976-)

Askja / Antonio M. Fraga - Vigo : Xerais , 2025 - 259 p. ; 23 cm - Xerais Narrativa ; 549 .

IV Premio Literario Pinto e Maragota pola liberdade sexual e de xénero

Ana viaxa polo leste de Islandia con Xurxo, a súa parella, cando a erupción do volcán Askja pon en pausa a súa vida. Confinada nunha casa de hóspedes mentres agarda a evacuación, o tempo parece dilatarse e a atmosfera faise cada vez máis irreal. Ana aproveita a paréntese para rememorar varios episodios cos homes da súa vida e decidir se realmente está namorada de Xurxo. Porén, todo cambia cando Karen, unha das hospedadas, decide compartir con Ana a existencia dun cuarto secreto ateigado de caixas de música. Desde ese momento orixínase entre elas un xogo de sedución a través da palabra e crean unha burbulla íntima na que trocan cinza por desexo, abafo por ilusión. «Askja» é unha novela impregnada de nostalxia e tenrura, unha historia de amor que demostra como as cicatrices sandan máis facilmente cando se comparten.

1º-2º BAC Adultos/as

9788411106955


LGTBIQ+
Romance
Relacións

821.134.2(460.11)"20"

Coa tecnoloxía Koha